Sunday 28 de April de 2024

Este sábado, recepción dos xogadores do VII Torneo Luso-Galaico de hóckey sobre patíns


Este vindeiro sábado terá lugar unha recepción de cara ao VII Torneo Luso-Galaico de hóckey sobre patíns, o cal se disputará ao longo desta fin de semana no pavillón Castelao I. O acto terá lugar no salón de plenos do antigo Concello ás 14 horas, e a el asistirán o alcalde e a concelleira de Deportes, José Luis Martínez Sanjurjo e Ana Soneira. Terán presenza os xogadores e membros do cadro técnico dos catro equipos participantes. Estes son: a selección galega, A.P. Minho, Aveiro e Oporto.

Os horarios dos partidos para o sábado, 2 de xuño, son os seguintes:
11h Selección Galega – A.P. Minho
12.15h Aveiro – Oporto
18h Aveiro A.P. Minho
19.15h Selección Galega – Oporto

Os horarios do partido de cara ao domingo, 3 de xuño, son:
10.30h Oporto – A.P. Minho
11.45h Selección Galega – Aveiro

O VII Torneo Luso-Galaico de hóckey sobre patíns está organizado pola Federación Galega de Patinaxe e o Club AC Hóckey Órdenes. Contan coa colaboración do Concello de Ordes.